Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Vídeos Xornadas



Inauguración das Xornadas

No acto inaugural participaron representantes da Deputación e do Concello de Lugo, da Facultade de Veterinaria e de Seragro.

Calidade do leite nos procesos industriais

O enxeñeiro agrónomo especialista en industrias agroalimentarias Jaime Magdalena expuxo como a calidade do leite en orixe condiciona a calidade dos produtos lácteos nos procesos industriais.

Detección de inhibidores no leite

A directora técnica do Ligal, María Luisa Barreal, compartiu cos asistentes o protocolo de inhibidores en leite cru de vaca

Acadando a excelencia na produción de leite (I)

Gordon Jones (EE. UU.) puxo o foco no manexo e na alimentación do período seco da vaca para conseguir resultados satisfactorios e asegurar unha produción óptima na seguinte lactación.

Aplicando biotecnoloxía para a produción sostible de proteína animal

Juan Moreno, CEO da empresa Sexing Technologies, departiu acerca das oportunidades que a biotecnoloxía ofrece para a produción sostible de proteína animal nun mundo que, segundo as previsións da ONU, alcanzará os 9 billóns de habitantes no ano 2050.

Calidade e manexo de lactosubstituíntes

O veterinario holandés Peter Van’t Veld ofreceu unha conferencia sobre calidade e manexo de lactosubstituíntes para a cría de xatas.

Eliminación e descarte de vacas na explotación leiteira

O profesor da Universidade de Lleida Ramón Armengol explicou como establecer un plan lóxico de descarte e eliminación de vacas a fin de maximizar a eficiencia produtiva e reducir as baixas involuntarias.

Acadando a excelencia na produción de leite (II)

Na súa segunda intervención, Gordon Jones  desenvolveu unha serie de aspectos prácticos de manexo que teñen que ver co benestar animal e que el considera claves para conseguir altas producións e eficiencia produtiva.

Control de insectos, roedores e aves en vacún leiteiro

O veterinario David García falou sobre control de insectos, roedoes e aves a fin de evitar a propagación de enfermidades nas granxas e minimizar os riscos de introdución doutras novas.

Secado selectivo?

Almudena Tato, do Servizo de Calidade do Leite de Seragro, profundou sobre a terapia selectiva de secado, baseada na escolla daquelas vacas que precisan antibiótico fronte ás que non.

40.000 kg de leite por vaca

A enxeñeira técnica agrícola Rebeca Cembranos compartiu cos asistentes a súa experiencia como asesora en nutrición de granxas en Saxonia (Alemaña).

Leite en ecolóxico, produción responsable e sostible

O xerente de Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, repasou a historia e o día a día desta gandería galega, que aposta polo pastoreo dos seus animais en ecolóxico como base do seu sistema produtivo.

Alternativas para o descanso das vacas e os seus custos en Galicia

O técnico de xestión de Seragro Gonzalo Gómez expuxo as alternativas para o descanso das vacas e os seus custos en Galicia.

Camas e saúde podal

O técnico do Servizo de Podoloxía de Seragro José María García puxo en relación o tipo de cama e a saúde podal dos animais.

Efecto do uso de area nas camas nas fertilidade física no solo

O enxeñeiro agrónomo Adolfo López abordou as consecuencias que a area empregada nos cubículos pode ocasionar a longo prazo na fertilidade das terras de cultivo.

Manexo de camas de compost e xurro reciclado na vaca de leite

O veterinario especialista en calidade do leite Oriol Franquesa falou da alternativa de reutilización do esterco como material de encamado.

Fracción sólida de xurro en cubículos: medos e realidades

O gandeiro Pedro Ezcurra (socio da gandería navarra Aldapa SCL) compatiu a experiencia co uso da fracción sólida do xurro como material de encamado despois de hixienizala nunha biocélula vertical.

Alerxia nunha granxa de produción de leite: do productor ao consumidor

A alergóloga Beatriz Veleiro puxo punto e final ás XVII Xornadas cun relatorio sobre as alerxias relacionadas co leite.