No acto inaugural participaron representantes da Deputación e do Concello de Lugo, da Facultade de Veterinaria e de Seragro.
A veterinaria especialista en Bromatoloxía, Sanidade e Tecnoloxía dos Alimentos María Somolinos falou de métodos de hixienización da auga.
Federico Romero, do Servizo de Reprodución de Seragro, centrouse nos avances tecnolóxicos para mellorar a eficiencia reprodutiva das explotacións.
Víctor Fuentes, do Servizo de Podoloxía de Seragro, presentou os resultados dun estudo que avalía as incidencias podais rexistradas en explotacións con sistemas automatizados para varias rutinas.
José Luis Míguez, do Servizo de Calidade do Leite de Seragro, fixo un repaso polos suceisvos avances tecnolóxicos relacionados co muxido.
Albino Iglesias, do Servizo de Alimentación de Seragro, enfocou a súa charla en como a robotización pode simplificar o traballo e aumentar a eficiencia alimentaria.
Patricia Gómez Presa, do Servizo de Xestión Técnico-Económica de Seragro, analizou como lle pode afectar á xestión das granxas o uso de novas tecnoloxías para a recollida, o almacenamento e a análise de datos.
Juan Castro disertou sobre a xestión de xurros en Galicia e referiuse a algunhas boas prácticas a ter en conta para reducir a emisión de amoníaco á atmosfera.
O xefe do Servizo de Ruminantes do Hospital Clínico Veterinario da Facultade de Veterinaria da UCM, Javier Blanco Murcia, falou sobre as consecuencias económicas das enfermidades podais en vacas leiteiras.
O enxeñeiro agrícola Iván Ansia Vázquez centrou a súa conferencia na nutrición e a socialización das xatas desde o nacemento ata a desteta.
O xerente de Control de Produción da Asociación Holstein de México, Carlos Augusto Hernández Mariscal, achegou a perspectiva máis internacional ao encontro cun relatorio sobre a situación global da gandería de vacún de leite no seu país.
O veterinario e perito en sinistros pecuarios Javier Camba Méndez ofreceu unha conferencia sobre o valor da vaca morta a través da necropsia.
Ricardo Gómez Rodríguez, propietario da gandería Outeiro SC (Chantada), traballa dende hai seis anos coa raza Jersey.
Santiago García Souto é xuíz nacional de Conafe e dono da Finca La Asunción (Touro). Un dos trazos distintivos da súa granxa é a venda de animais, negocio co que comezaron seus pais nos anos setenta e que continúa el a día de hoxe
Jesús Perfecto Fernández Pérez, dono de gandería de Pazos SCG (Dumbría), falou das vantaxes que notou na súa explotación tras a implantación do sistema de cruzamento ProCross.
A química e divulgadora científica Déborah García Bello, dedicou a súa intervención a falar sobre os beneficios dos lácteos.