Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Vídeos Xornadas



Inauguración

No acto inaugural participaron representantes da Deputación e do Concello de Lugo, da Facultade de Veterinaria e de Seragro.

Claves para a fertilización do millo

Jaume Lloveras, catedrático da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria da Universidade de Lleida, falou dos principais aspectos da fertilización nitroxenada do millo.

Amodiño... ó ritmo da vaca

O veterinario do Servizo de Alimentación de Seragro Javier Liste fixo unha exposición sobre como manexar a vaca sen estrés.

Eu non teño estrés por calor... seguro?

O veterinario vilalbés Arturo Gómez, que asesora ganaderías en medio mundo, falou de estrés por calor e de calidade del aire.

Xestión do cadro de persoal, o gran reto das nosas granxas

Francisco Sebastián, veterinario e asesor de granxas no Levante, compartiu cos asistentes a súa experiencia na contratación e formación de traballadores asalariados.

Tres maneiras de vivir o relevo xeracional: SAT O Chope

Manuel Iglesias Canda conta a historia da SAT O Chope (Silleda, Pontevedra), da que forma parte.

Tres maneiras de vivir o relevo xeracional: SAT As Pandas

Moisés Vispalia Pernas fala da gandería á que pertence, SAT As Pandas, de Vilalba (Lugo).

 

 

Tres maneiras de vivir o relevo xeracional: gandería SAR SL

Manuel Tarrío e Fernando Tarrío, pai e fillo, contan a historia da gandería á que pertencen, Sar SL, de Touro (A Coruña).

 

 

Mellora da rendibilidade das explotacións a través do manexo alimentario

Álvaro García, profesor de Ciencias Leiteiras e dos Alimentos na Universidade Estatal de Dakota do Sur (EE.UU.) disertou sobre a mellora da rendibilidade das explotacións a través do manexo alimentario.

Reprodución: algo máis que diagnosticar preñeces

O veterinario do Servizo de Reprodución de Seragro Juan Camilo Gómez Hermida falou de como a xestión dos datos reprodutivos pode mellorar o rendemento dos establos.

Unha visión sobre o futuro da PAC

O presidente do FEGA, Miguel Ángel Riesgo, explicou as modificacións que presenta a PAC 2018 e a postura que defende España na revisión que está a facer a Comisión Europea.

Os primeiros meses da xata, claves para unha mellor recría

A asesora independente Carolina Tejero fixo unha breve exposición sobre a relevancia dos dous primeiros meses de vida da futura produtora de leite.

Mesa redonda sobre recría: custo ou oportunidade

Os integrantes da mesa redonda foron Carolina Tejero –veterinaria a asesora independente–, Francisco Sebastián –veterinario, asesor de granxas e socio de CowVet– e Rogelio Grille –veterinario de Seragro, responsable do centro de recría Ganxabar e xerente de Recría Castro SL–.