Xornadas Técnicas de Seragro
XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
9 - 10 de novembro de 2017
Facultade de Veterinaria de Lugo

Vídeos Xornadas anteriores



A calidade do leite centrou as xornadas de Seragro en 2007

Nesta reportaxe do programa A Labranza (TVG) abórdase o tema da calidade do leite. No vídeo interveñen o xefe do Servizo de Calidade do Leite de Seragro, Francisco Sesto, e o veterinario israelí Moti Liberboim, que ese ano (2007) foi convidado por Seragro a participar nas súas xornadas técnicas.

Optimización da ración nas explotacións

Nesta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en novembro de 2007, o técnico nutrólogo de Seragro Víctor Manrique fala de como optimizar a ración das vacas de produción para obter a maior rendibilidade.

Problemas podais nas explotacións de vacún de leite

No transcurso desta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en decembro de 2006, o técnico podólogo de Seragro Manuel Vidal aborda a prevención, a diagnose e o tratamento dos problemas podais nas explotacións.

Uso de millo forraxeiro na ración das vacas de produción

Nesta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en decembro de 2006, o nutrólogo de Seragro Víctor Manrique fala do uso de millo forraxeiro na ración das vacas de produción.

Aforro de enerxía nas explotacións

No transcurso desta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en xuño de 2006, o técnico de Seragro Francisco Ulloa fala da instalación de placas solares nas explotacións.

Servizos que presta a SCG Seragro

Nesta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en xaneiro de 2002, abórdase o conxunto de servizos gandeiros que presta a SCG Seragro.

Manexo dos animais de produción de leite

No transcurso desta reportaxe do programa A Labranza (TVG), emitida en febreiro de 1998, o daquela veterinario de Afriga e hoxe xefe do Servizo de Nutrición de Seragro, Víctor Manrique, falaba de correcto manexo das vacas de produción de leite.