Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Vídeos Xornadas



Presentación das Xornadas

A presentación das XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite tivo lugar o 4 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo.

Inauguración

Inauguración das XIII Xornadas a cargo da presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla; a vicedecana da Facultade de Veterinaria de Lugo, Marta Miranda, e o deputado delegado de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo, Lino Rodríguez.

Implantación e fertilización de pradeiras

O enxeñeiro agrónomo francés Sébastien Ferran realizou unha exposición sobre os criterios a considerar para a correcta implantación e fertilización e para o mantemento de pradeiras, con especial atención á loita contra as plagas.

Cultivo do millo en Galicia: claves dun bo laboreo e dunha boa fertilización

O enxeñeiro agrónomo Albert Porte Laborde centrou a súa intervención nas pautas de laboreo, a fertilización e a loita fronte ás plagas do cultivo de millo, prioritario para a maioría das granxas galegas na actualidade.

Índices de selección na era xenómica

O coordinador do Departamento Técnico de Conafe, José Antonio Jiménez Montero, deu a coñecer os cambios que experimentou o ICO recentemente e valorou o emprego dos índices na era actual, a da xenómica.

Tres sistemas de muxido, dous tipos de instalacións, un xeito de traballar

Tres gandeiras galegas (Merchy González Lobagueira, Begoña Paredes Cardoso e Pilar Barreiro Lodeiros) achegaron as súas experiencias diarias no manexo das súas respectivas explotacións co obxectivo de mostrar as múltiples realidades da gandería de leite en Galicia.

Control sectorial da seguridade alimentaria en alimentación animal; o caso galego de gmp.Galis

O director xerente da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), Bruno Beade García, presentou o sistema Galicia Alimentos Seguros (gmp.Galis), que aborda de forma sectorial o control das materias primas que empregan os fabricantes na elaboración de pensos para a alimentación animal.

Materias primas: o maior custo dunha explotación e o máis difícil de controlar

O enxeñeiro agrícola Iván Álvarez Bajo profundou nos aspectos que ocasionan a gran volatilidade dos mercados de materias primas, tratando de orientar os gandeiros para reducir custos nesa parcela

Consumo de lácteos. Que nos di a evidencia científica?

A médica especialista en endocrinoloxía e nutrición Pilar Matía Martín salientou, a partir de evidencias científicas constatadas, os beneficios do consumo de leite e os seus derivados.

Mesa redonda. Intervención de Fernando Miranda

Fernando Miranda, director xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente.

Mesa redonda. Intervención de Luis Calabozo

Luis Calabozo, director xeral da Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil).

Mesa redonda. Intervención de Felipe Medina

Felipe Medina, representante da Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados (Asedas).

Mesa redonda. Intervención de Jorge Antonio Santiso

Jorge Antonio Santiso, profesor asociado do Departamento de Economía Aplicada na Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria da USC.

Mesa redonda: “Mércado lácteo, situación actual e perspectivas de futuro”

Os integrantes da mesa redonda debateron sobre a situación actual e os retos futuros que se lle presentan ao sector lácteo, e responderon ás numerosas preguntas formuladas polo público.

Clausura e brinde do leite

As XIII Xornadas quedaron clausuradas coa actuación do actor e monologuista Quico Cadaval e co tradicional brinde do leite, co que se pretende pór en valor o traballo dos produtores.