Presentación das XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro o 30 de outubro no salón de actos da Granxa Provincial Gayoso Castro de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo).
Na inauguración das XII Xornadas participou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla; e o decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, Germán Santamarina Pernas.
O veterinario do Servizo de Reprodución de Seragro Luís Díaz departiu sobre a fertilidade e sobre como optimizar o manexo reprodutivo do rabaño para conseguir máis preñeces.
O experto francés Albert Porte Laborde, enxeñeiro agrónomo e asesor especialista no manexo para o cultivo de millo, abordou as claves relacionadas coa fertilidade do chan e falou de como loitar contra as malas herbas, así como das novas técnicas de cultivo sen labranza.
O americano de procedencia mexicana Juan Quezada Jiménez, director de Seguridade, Recrutamento e Adestramento en Milk Source (Wisconsin, EE. UU.), asegurou que na súa empresa non buscan traballadores con moitos títulos académicos, senón con valores humanos.
O gandeiro coruñés José Eladio Lavandeira, da SAT Finca A Xesteira de Zas, expuxo unha charla sobre a xestión do manexo da recría na súa explotación e os custos asociados a cada fase.
Fernando Fernández Martínez, en representación da Gandería Chousa Nova SC; Antonio Morado Yáñez, da Gandería Morado SC, e Juan José Freire Quintáns, da Granxa O Cancelo, achegaron as súas respectivas experiencias acerca do terceiro muxido.
O profesor titular de Produción Animal da Universidade Politécnica de Madrid Antonio Callejo Ramos expuxo os criterios fundamentais a ter en conta á hora de deseñar unha instalación para vacún de leite, así coma o papel que a tecnoloxía debe ter na adecuada xestión dunha granxa leiteira.
O doutor en Veterinaria Alejandro Fernández Fernández falou da selección xenómica desde o punto de vista máis práctico para o gandeiro.
O americano de procedencia mexicana Juan Quezada Jiménez, director de Seguridade, Recrutamento e Adestramento en Milk Source (Wisconsin, EE. UU.), compartiu co auditorio os protocolos de traballo que seguen na súa empresa, na que hai preto de 500 empregados e máis de 28.000 vacas en muxidura.
Rick Hoksbergen (Holanda) e Tom Dunne (Irlanda) presentaron a European Dairy Farmers (EDF), unha asociación europea que ten como obxectivo compartir o presente para mellorar o futuro a través do intercambio de experiencias e de coñecementos de forma directa, de gandeiro a gandeiro.
O profesor titular de Economía, Socioloxía e Política Agraria da Escola Politécnica Superior de Lugo Francisco Sineiro abordou as claves da produción leiteira a partir da inminente desaparición das cotas lácteas
Un dos coordinadores das XII Xornadas, José Luís Míguez, ofreceu un monólogo que enlazou directamente co tradicional brinde do leite en defensa do sector.