Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Vídeos Xornadas



Presentación X Xornadas

Presentación das X Xornadas Técnicas de Vacún de Leite na sede de Seragro, situada no polígono Novo Milladoiro de Ames (A Coruña).

Inauguración X Xornadas

O 8 de novembro de 2012, a vicepresidenta primeira da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e o presidente de Seragro SCG, Rogelio Grille, inauguraban as X Xornadas Técnicas de Vacún de Leite no auditorio da facultade de Veterinaria de Lugo.

Presentación de Sergio Calsamiglia sobre produción intensiva

O catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona Sergio Calsamiglia centrou a súa presentación na relación entre a produción intensiva e o medio ambiente.

Presentación sobre xenética, manexo reprodutivo e eficiencia alimentaria

Varios técnicos de Seragro, especializados en xenética, reprodución e nutrición, expuxeron as claves da alta produción en vacas de leite.

Presentación de Ángel Carracedo sobre a revolución xenómica

O catedrático da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, centrou o seu relatorio na revolución xenómica aplicada ao gando frisón.

Presentación de Luis Queirós sobre o ensilado de millo

O director de Marketing Operativo de Pioneer Sur de Europa, Luis Queirós, falou do impacto da calidade nutricional do silo de millo no custo da elaboración de dietas para vacas de leite.

Presentación de Serafino Zanoli sobre a xestión económica na granxa

O gandeiro italiano Serafino Zanoli compartiu a súa experiencia de organización, programación e xestión económica dentro da súa granxa de produción láctea.

Presentación de Duarte Díaz sobre micotoxinas

O máster e doutorado en Nutrición e Toxicoloxía da Universidade Estatal de Carolina do Norte (USA) Duarte Díaz falou do impacto das micotoxinas na gandería leiteira, achegando as dez regras para o diagnóstico e o manexo dunha micotoxicose.

Presentación de Luis Calabozo sobre as reformas do sector lácteo

O director da Federación Nacional de Industrias Lácteas, Luis Calabozo, expuxo os desafíos e as oportunidades do sector lácteo español ante as reformas.

Presentación de Xosé Rodríguez Blanco sobre a PAC

O secretario de organización de Unións Agrarias, Xosé Rodríguez, compartiu cos asistentes os aspectos técnicos da proposta de reforma da PAC e o seu impacto nas explotacións galegas.

Presentación de José Manuel Silva sobre a PAC

O exdirector xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da UE, José Manuel Silva, abordou a reforma da PAC desde o punto de vista da xestión de terras.

Mesa redonda sobre temas de actualidade

Tratáronse temas como o paquete lácteo, a nova PAC, a ordenación territorial, os novos contratos, a posible evolución dos prezos do leite e o futuro sen cotas. Interviron: J.M. Silva, Esperanza Orellana, Francisco Sineiro, Luis Calabozo e Bernardo Valdés.

Clausura e brinde do leite

Acto reivindicativo do consumo de leite e de prezos xustos para os gandeiros.