Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

As XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite celebraranse os días 10 e 11 de novembro

6 de Mayo de 2016

As Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro alcanzan este ano a súa décimo cuarta edición. Terán lugar os días 10 e 11 de novembro no seu escenario habitual, o auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo e, unha vez máis, a asistencia será libre e gratuíta.

O seguinte paso é confeccionar un programa de relatorios e de experiencias profesionais que resulte o máis didáctico e atractivo posible para o auditorio que este ano nos acompañe, sempre co propósito de satisfacer as expectativas que xera cada edición deste encontro de referencia para gandeiros, técnicos, comerciais e demais profesionais do sector leiteiro.

Manterémosvos informados!