Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

As XI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite estarán centradas no correcto manexo dos animais

12 de Julio de 2013

Os días 14 e 15 de novembro, o auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) acollerá unha nova edición, a décimo primeira, das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de SERAGRO, que este ano xirarán en torno ao manexo do rabaño.

A importancia do período seco para previr a aparición de problemas vinculados á saúde do ubre e a comparación de dúas granxas de produción láctea con realidades distintas pero co mesmo obxectivo de conseguir un negocio rendible son algúns dos temas máis destacados do programa.

O manexo da alimentación e os problemas podais tamén terán cabida nas exposicións de varios relatores. Ademais, e como xa vén sendo habitual, o segundo día terá lugar unha mesa redonda onde se tratarán temas de actualidade e de interese para o sector.

Neste momento, os organizadores están ultimando o cartel de técnicos especialistas que intervirán nas xornadas, mantendo a aspiración de que os temas resulten o máis interesantes posible para os gandeiros.

Afortunadamente, as Xornadas Técnicas de Vacún de Leite gozan dunha excelente consolidación no calendario do sector gandeiro e adoitan reunir a centos de produtores e veterinarios.

Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material se realizarán in situ os propios días do evento.