Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Pechado o programa das XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

28 de Septiembre de 2015

Presentamos o programa de conferencias da 13.ª edición das nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que se celebrarán os días 12 e 13 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Debido á crise de prezos que atravesa o sector e sabedores da importancia de optimizar os custos de produción, unha parte significativa das conferencias deste ano están relacionadas coa alimentación dos animais. Deste xeito, analizaranse aspectos agronómicos do cultivo de millo e da implantación de pradeiras, e falarase do mercado de materias primas e do control sectorial da seguridade alimentaria.

Enriquecedora será tamén a charla da médica e coordinadora do Grupo de Nutrición da Sociedade de Endocrinoloxía, Nutrición e Diabetes da Comunidade de Madrid, Pilar Matía, que revisará as evidencias científicas acerca do consumo de lácteos e desmontará algunhas falsas crenzas sobre os riscos que estes produtos poden ocasionar na saúde.

Outros relatorios incluídos no programa desta décimo terceira edición abordarán aspectos varios, entre eles a xenética estará presente, ao igual que unha necesidade crecente nas granxas, a man de obra externa e a súa xestión. Outra das exposicións amosará o día a día en tres granxas galegas que nun principio semellan diferentes. Ademais, como vén sendo habitual, o último día terá lugar unha mesa de debate aberta aos asistentes na que as diferentes partes implicadas reflexionarán sobre a situación actual e as perspectivas de futuro do mercado lácteo.

Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material se realizarán in situ os propios días do evento.