29 de Septiembre de 2014
Un dos trazos máis significativos do programa da 12.ª edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite é o seu carácter internacional, xa que pola Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) pasarán os días 13 e 14 de novembro relatores procedentes de EE. UU., Francia, Holanda e Irlanda. Baixo o lema Unha ollada cara ao futuro, estes expertos tentarán achegarlles aos gandeiros unha visión actualizada do sector e darlles as claves sobre como optimizar a xestión das súas explotacións, cuxa tendencia é ser cada vez máis e máis grandes.
Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material realizaranse in situ os propios días do evento.
Enlace ao programa.