24 de Noviembre de 2014
O programa Labranza (TVG) emitiu onte unha reportaxe sobre o futuro do sector leiteiro despois da eliminación das cotas en abril do ano que vén tomando como referencia algúns dos aspectos abordados nas XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro. A reportaxe inclúe declaracións de Noelia García Santoalla, Francisco Sineiro, Carlos Neves, Rick Koksbergen e Tom Dunne.