Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Mañá comeza a duodécima edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

12 de Noviembre de 2014

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá mañá e o venres as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite. Como vén sendo habitual, a asistencia é gratuíta e non require inscrición previa. Ás dez da mañá entregarase a documentación, media hora despois terá lugar a inauguración e, a continuación, dará comezo a primeira charla a cargo do veterinario Luís Díaz, que falará de fertilidade.

Co lema “Unha ollada cara ao futuro”, o encontro tentará esclarecer as claves da produción leiteira a partir da desaparición das cotas o ano que vén. Cómpre destacar, ademais, o carácter internacional do programa desta edición, con expertos procedentes de EE. UU., Francia, Holanda e Irlanda.