Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line
O programa Labranza revive as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

24 de Noviembre de 2014

O programa Labranza (TVG) emitiu onte unha reportaxe sobre o futuro do sector leiteiro despois da eliminación das cotas en abril do ano que vén tomando como referencia algúns dos aspectos abordados nas XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro. A reportaxe inclúe declaracións de Noelia García Santoalla, Francisco Sineiro, Carlos Neves, Rick...

Os retos da produción láctea despois da eliminación das cotas pechan as XII Xornadas

14 de Noviembre de 2014

A segunda parte das XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite comezou coa intervención do enxeñeiro agrónomo Antonio Callejo Ramos, que expuxo os criterios fundamentais que se han ter en conta á hora de deseñar unha instalación para vacún de leite atendendo a criterios de benestar (descanso, alimentación, ventilación…), así coma o papel que a...

Vídeo da inauguración das XII Xornadas

13 de Noviembre de 2014

No acto de apertura do encontro participaron a recentemente nomeada presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla; o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o decano da Facultade de Veterinaria, Germán Santamarina Pernas. Vídeo

O arrinque das Xornadas xuntou 800 persoas en Lugo

13 de Noviembre de 2014

A primeira quenda de conferencias das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, desenvolvida ao longo do día, conseguiu encher o auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo; mesmo houbo algúns momentos nos que a súa  capacidade se quedou pequena para o número de asistentes. No acto de apertura, a recentemente nomeada presidenta de Seragro S...

O Agro ofrece un adianto da charla do veterinario Luís Díaz sobre fertilidade

12 de Noviembre de 2014

programa O Agro (TVG) emitiu onte unha reportaxe na cal o veterinario do Servizo de Reprodución de Seragro Luís Díaz adianta os puntos máis importantes da conferencia coa que mañá vai dar comezo ás XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite. Consultar o vídeo

Mañá comeza a duodécima edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

12 de Noviembre de 2014

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá mañá e o venres as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite. Como vén sendo habitual, a asistencia é gratuíta e non require inscrición previa. Ás dez da mañá entregarase a documentación, media hora despois terá lugar a inauguración e, a continuación, dará comezo a primeira...