Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line
A gandería de precisión será o eixe das XVI Xornadas Técnicas

2 de Noviembre de 2018

O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación das XVI Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, na que participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández Queipo; a presidenta de Seragro SCG, Noelia García Santoalla; o concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e os coordinadores do programa deste ano, Miguel Varela e Juan Camilo Gómez Hermida.

Enlace ao vídeo

A xestión da recría, a debate nas XV Xornadas Técnicas Vacún de Leite

10 de Noviembre de 2017

A recría e as múltiples formas de facela centraron unha parte importante da segunda xornada do encontro, que, de novo, volveu encher o auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Manexo, estrés por calor e xestión de recursos humanos, temas tratados na primeira xornada

9 de Noviembre de 2017

As nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite reuniron hoxe a máis de mil persoas no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. A presidenta de Seragro, Noelia García Santoalla, repasou no acto de inauguración desta décimo quinta edición –no que estivo acompañada polo presidente da Deputación, Darío Campos; o concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, e a representante da Facultade, Marta Miranda– os motivos polos que se comezaron a facer estes encontros e polos que seguen tendo lugar.

As XV Xornadas Técnicas miran cara aos novos horizontes do sector

2 de Noviembre de 2017

O salón de actos da Deputación Provincial de Lugo acolleu esta mañá a presentación das nosas XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, na que participaron o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde; a presidenta de Seragro SCG, Noelia García Santoalla; o concelleiro de Medio Rural de Lugo, Miguel Fernández, e os coordinadores do programa deste ano, Belén Guerreiro Lamazares e Albino Iglesias Varela.

Vídeo presentación

Programa das XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

3 de Octubre de 2017

Presentamos o programa da 15.ª edición das nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que se celebrarán os días 9 e 10 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.

Programa

O muxido de calidade, tema principal no Labranza

16 de Diciembre de 2016

O domingo 11 de decembro, o programa da TVG dedicado ao agro estivo dedicado ao muxido de calidade. Na reportaxe inclúense as opinións de varios expertos, así como unha grabación nas  SAT Seixas de Taboada (Lugo) en relación á  charla ‘Uso do cronómetro na sala de muxido’ impartida por Manuel Arias Francisco Sesto nas XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite.