15 de Noviembre de 2019
A xornada deu comezo cunha conferencia a cargo do veterinario David García sobre control de insectos, roedoes e aves a fin de evitar a propagación de enfermidades nas granxas e minimizar os riscos de introdución doutras novas. Manifestou que “ aínda queda moito por facer” neste eido e insistiu en que conseguir ter as pragas baixo control é “clave para poder reducir o uso de antibióticos e mellorar a saúde pública”.
14 de Noviembre de 2019
Tras o acto inaugural, o enxeñeiro agrónomo especialista en industrias lácteas Jaime Magdalena abriu a quenda de intervencións técnicas cunha conferencia na que expuxo como a calidade do leite en orixe condiciona a calidade dos produtos lácteos nos procesos industriais, e como nela teñen unha grande importancia o estado sanitario do animal, as condicións de hixiene na explotación e o almacenamento do leite.
7 de Noviembre de 2019
O salón de actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación das XVII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, na que participaron o deputado da Área de Recursos Sostibles, Roberto Fernández; o concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández; a presidenta de Seragro SCG, Noelia García; e os organizadores das Xornadas Noelia Mourazos e Anxo Oitavén.
2 de Octubre de 2019
A décimo sétima edición das nosas Xornadas Técnicas terá lugar os días 14 e 15 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo e, como vén sendo habitual, a asistencia será libre e gratuíta.
9 de Noviembre de 2018
Máis de 1.500 persoas, entre gandeiros, veterinarios, técnicos e demais profesionais do sector, pasaron entre onte e hoxe pola Facultade de Veterinaria de Lugo para asistir ao foro técnico que organizamos cada ano nestas datas.
8 de Noviembre de 2018
As 16.ª edición das nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite reuniron hoxe na Facultade de Veterinaria de Lugo unhas 800 persoas. Ao longo do día, varios técnicos mostraron como as novas tecnoloxías poden axudar a mellorar o manexo das explotacións. Un relatorio sobre as resistencias aos antibióticos e outros dous sobre xestión de xurros completaron esta primeira sesión.