Xornadas Técnicas de Seragro
XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
18 de setembro, 18 e 19 de outubro, 18 e 19 de novembro.
Emisión on-line

Vídeos Xornadas



Presentación das IX Xornadas

Presentación das IX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite na sede de Seragro, situada no polígono Novo Milladoiro de Ames (A Coruña).

Inauguración das IX Xornadas

O 10 de novembro de 2011, a vicepresidenta primeira da Deputación de Lugo, Lara Méndez, a vicedecana da facultade de Veterinaria, Julia Melgar, e o presidente de Seragro SCG, Rogelio Grille, inauguraban as IX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite no auditorio da facultade de Veterinaria de Lugo.

Presentación de Daniel Sánchez-Patón sobre benestar animal

O catedrático da UAB Sergio Calsamiglia centrou a súa presentación na relación entre a produción intensiva e o medio ambiente.

Presentación de Noelia Silva sobre manexo nutricional

Noelia Silva del Río, veterinaria lucense e investigadora da Universidade Davis de California (EE.UU.), centrou o seu relatorio nas diferenzas entre a ración que formula o nutrólogo e a que realmente chega ao pesebre do animal.

Presentación de Juan José Sánchez sobre consanguinidade

A presentación de Juan José Sánchez de Toca Triviño, veterinario do Servizo de Reprodución de Seragro, xirou arredor da consanguinidade na raza Holstein como unha ameaza silenciosa de cara á mellora xenética do vacún de leite.

Presentación de Luis Queirós sobre a mellora na calidade dos ensilados

O director de Marketing Operativo de Pioneer Sur de Europa, Luis Queirós, falou da optimización da produción mediante a mellora no manexo do cultivo de millo e no seu proceso de conservación.

Presentación de Daniel Zalduenzo sobre coxeiras crónicas

No transcurso da súa conferencia, o veterinario Daniel Zalduenzo Franco insistiu na importancia da prevención, do diagnóstico e da aplicación do tratamento para impedir que a coxeira evolucione cara a formas crónicas da enfermidade.

Presentación de Miguel Ángel Pellitero sobre a gandería entendida como empresa

Miguel Ángel Pellitero (veterinario do Grupo Diferentia) reflexionou sobre o necesario cambio de mentalidade que debe producirse no gandeiro para que supere o punto de vista da gandería entendida como sustento familiar e a vexa como unha empresa que como tal se debe xestionar.

Presentación de Carlos Noya sobre a incidencia da mamite clínica

O veterinario Carlos Noya Couto, do Servizo de Calidade do Leite de Seragro, presentou un estudo sobre aqueles factores que inflúen na incidencia de mamite clínica nas explotacións.

Presentación de Alfonso Lago sobre a avaliación gandeira a través de datos de control leiteiro

Alfonso Lago, veterinario lucense afincado en California (EE.UU.), centrou a súa intervención na completa avaliación da gandería que se pode facer usando datos de control leiteiro.

Presentación de José Álvarez Robledo sobre a reforma da PAC 2013

O exdirector xeral Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, explicou aos asistentes as principais reformas da PAC 2013.