Borrador de RD do Ministerio de Agricultura, polo que se fixa a realización de retencións a conta da posible Supertaxa 2014/2015

RD754

 

No día de hoxe recibimos un borrador de RD do Ministerio de Agricultura, polo que se fixa a realización de retencións a conta da posible Supertaxa 2014/2015 e se adianta un mes a súa aplicación: iniciaríanse as retencións aos gandeiros excedidos en decembro de 2014, cando o habitual era a inicios do último trimestre da campaña en vigor (xaneiro).

Descoñecemos que gaña o Ministerio adiantando un mes a aplicación das retencións, sobre todo pensando nos gandeiros moi excedidos que neste intre xa non teñen cota dispoñible. En todo caso, o simple estudio desta posibilidade evidencia a preocupación do Ministerio pola Supertaxa 2014/2015, dando como moi probable que é un feito que vai suceder (un feito inevitable) iniciando os trámites para o seu cobro aos gandeiros sobrepasados.

A capacitación dos empregados como valor de produción

CHARLA-3

Juan Quezada, un dos instructores de empregados dunha das explotacións máis importantes dos Estados Unidos, falaranos da capacitación dos empregados como valor de produción.

Detrás do éxito dunha explotación sempre están as relacións entre as persoas!

 

 

 

Xa vamos informando do programa das XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

foto-1-x

Aquí vamos presentando un adianto de algunha das charlas que veremos nesta XII edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que se celebrarán na Facultade de Veterinaria de Lugo nos días 13 e 14 de Novembro.

Xa sabedes que contamos con todos vos!

Grazas!!!

Subcategorías