Pechado o programa das XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite.

Un dos trazos máis significativos do programa da 12.ª edición das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite é o seu carácter internacional, xa que pola Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) pasarán os días 13 e 14 de novembro relatores procedentes de EE. UU., Francia, Holanda e Irlanda.

Baixo o lema Unha ollada cara ao futuro, estes expertos tentarán achegarlles aos gandeiros unha visión actualizada do sector e darlles as claves sobre como optimizar a xestión das súas explotacións, cuxa tendencia é ser cada vez máis e máis grandes.

Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material realizaranse in situ os propios días do evento.

Adxuntamos  folleto do programa en formato PDF.

                  prg-Xii

 

 

Co lema “Unha ollada cara ao futuro”, presentáronse hoxe as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Presentacion-Jornadas-3web-boa

As XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro, que terán lugar os días 13 e 14 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo (USC), presentáronse esta mañá nun acto celebrado na Granxa Provincial Gayoso Castro (Castro de Rei, Lugo) e nel participaron a vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez; a presidenta de Seragro S. Coop. Galega, Noelia García Santoalla, e os veterinarios e coordinadores do programa deste ano, José Luís Míguez e Javier López Vila.

Ler máis...

Subcategorías