Diálogos con Quezada: protocolos de traballo nunha explotación leiteira

O americano de procedencia mexicana Juan Quezada Jiménez, director de Seguridade, Recrutamento e Adestramento en Milk Source (Wisconsin, EE. UU.), compartiu co auditorio os protocolos de traballo que seguen na grande empresa leiteira na que el traballa, na que hai preto de 500 empregados e máis de 28.000 vacas en muxidura.

http://vimeo.com/112268485

 

O terceiro muxido, a experiencia de tres ganderías

Fernando Fernández Martínez, en representación da Gandería Chousa Nova SC; Antonio Morado Yáñez, da Gandería Morado SC, e Juan José Freire Quintáns, da Granxa O Cancelo, achegaron as súas respectivas experiencias acerca do terceiro muxido.

http://vimeo.com/112167100

 

Novas tecnoloxías e deseño de instalacións para unha gandería de precisión en vacún leiteiro

O profesor titular de Produción Animal da Universidade Politécnica de Madrid Antonio Callejo Ramos expuxo os criterios fundamentais a ter en conta á hora de deseñar unha instalación para vacún de leite atendendo a criterios de benestar; así mesmo, tamén falou do papel que a tecnoloxía debe ter na adecuada xestión dunha granxa leiteira

http://vimeo.com/112189569

 

Subcategorías