Primeiro Encontro da Mocidade Gandeira

O dia 31 de Xaneiro terá lugar no Restaurante La Palloza, en Lugo o Primeiro Encontro da Mocidade Gandeira organizado Polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia.

                                                           XGG

Pretendese con esta xornada axudar a formación dos xóvenes e non tan xóvenes, que dirixen ou nalgún momento pretenden dirixir unha complicada e completa empresa como é unha explotación gandeira.

Tanto os que con titulación universitaria como sen ela, están ou estarán ao frente da súa granxa, observamos que nos falta información básica coa que traballar cómodos. Queremos enfocalo con  4 diferentes casos prácticos nos que se vexa reflexado o resultado de utilizar o non os datos que temos o noso alcance a diario na granxa.


Agardamos contar con vós e que nos propoñades calquera tema do que votedes en falta información. Consideremos que a formación teórico-práctica é sumamente interesante, así como o intercambio de experiencias entre mozas e mozos de distintas procedencias.

Ficha de Inscripción en :

http://www.xovenesgandeiros.com/docs/Diptico_I_Xuntanza.pdf

 

Subcategorías