Revista XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

Hola a todos,

Unha vez rematadas as XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, aquí vos deixamos un link para acceder a revista, donde podedes ver todos os artigos.

Tamén xa vos aviso que o longo desta semana iremos colgando na nosa web no apartado de Xornadas Técnicas os VIDEOS por orden de programa.

Unha vez máis, GRAZAS A TODOS!

                                     PANTA XOR

 

Presentación oficial das XIV Xornadas na Deputación de Lugo

Hoxe presentamos na Deputación de Lugo as XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que organizamos e se celebrarán os días 10 e 11 deste mes no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo. Interviron no acto o Presidente da Deputación D. Darío Campos, o Vicepresidente da Deputación D. Álvaro Santos, a Presidenta de Seragro S.C.G. Dna. Noelia García e un dos organizadores das Xornadas o Veterinario D. Francisco Sesto.

 

A promoción do LEITE como ALIMENTO, tamén nas XORNADAS

Como non podía ser de outra maneira, na clausura das Xornadas realizaremos a presentación dunha campaña de promoción de consumo do LEITE, por Águeda García-Agulló Bustillo. Directora-Xerente do Inlac.

 

Outra invitación máis por parte dos organizadores.

Xa non queda nada, así que aquí vos deixamos o último video de invitación por parte de Francisco Sesto e Rogelio Grille a todos para que nos acompañedes nas XIV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro.
Alí nos vemos!

Subcategorías