Amodiño.... ó ritmo da vaca

O xoves, despois da presentación da fertilización do millo, tocaralle o quenda a JAVIER LISTE. Javier, ademais de veterinario,é técnico de alimentación de Seragro e gandeiro.

Agarrou un teto entre os dedos antes que lle dera unha patada ó balón. Non é que lle gosten as vacas, é que pensa en branco e negro. De sempre lle gustou observalas e de sempre quiso entendelas.

Ninguén mellor para explicarnos como ven, como sinten, como oen, como padecen... Tentará explicarnos que é o estrés para elas e como lles gustaría a elas ser tratadas. Cómo travamos as xovencas, cómo movemos na sala as vacas, cómo interaccionamos coas pequeniñas ... Unha vaca feliz, é unha vaca sa e productora, e as veces parece que empeñámonos en pórsello difícil. Javier daranos as craves para mellorar o seu benestar aproveitando o seu comportamento natural.

 

          jliste 001

Claves para a fertilización do millo

Xa se achegan as Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que Organiza Seragro S. Coop. Galega na Facultade de Veterinaria os días 9 e 10 de Novembro. 
O xoves 9 o enxeñeiro Jaume LLoveras será o primeiro invitado en falar. Jaume, ademais de profesor, é un home cunha dilatada experiencia no campo. Ten coñecemento e ten datos e virá falarnos das necesidades do noso millo, e sobre todo da fertilización nitroxenada deste. Un tema apaixoante que ademais pode facernos rendir máis este forraxe. Hai que oilo!.

                                 Jaume Lloveras foto

Aquí vos presentamos Cartel e avance Xornadas 2017

                                 xv

 

SERAGRO S. COOP. Galega, Organiza os días 9 e 10 de Novembro 2.017 na Facultade de Veterinaria de Lugo, as

"XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite"

 

 

Nestas XV Xornadas esperamos, ó igual que nas edicións anteriores, seguir contando coa asistencia dunha ampla representación de gandeiros, profesionais relacionados coa produción de leite e do sector agrogandeiro en xeral. Xa temos ultimado o programa, intentando cumprir co noso principal obxectivo que é o de formar e informar a tódolos profesionais do sector lácteo, así como dar a coñecer o noso produto e poñelo en valor.

 

Un cordial saúdo, O comité organizador

 

 

 

Subcategorías