Tres xeitos de vivir o relevo xeracional
- Detalles
- Publicado o Mércores, 18 Outubro 2017 08:55
- Visitas: 585
Despois da intensa xornada do xoves, comenzaremos o venres falando de alimentación. ALVARO GARCÍA é norteamericano, profesor na Universidade Estatal de Dakota do Sur e asesor de varias empresas de nutrición. Alí saben de vacas, saben de alimentalas , e de cartos tamén. A alimentación das nosas vacas supón, en todos os casos, o maior custo da explotación, e o profesor Garcia virá contarnos cómo o manexo alimentario pode aumentar a rendabilidade das nosas granxas. Recordarnos o importante que é prestar atención o mantemento dos carros, preparar o persoal encargado da preparación das racións, do mantemento dos silos, a valoración das forraxes, as materias primas. O Dr. García, falaranos tamén, do ensilado tradicional, do millo frente o “Shredlage” que tanta inquedanza está a levantar entre nos. É un experto na materia e respostará o que queiramos saber sobre ese xeito de procesar a nosa principal forraxe que, a decir dalgúns, impoñerase no futuro. En definitiva, virá a falar de cartos.
Despois de escoitar a Liste ainda na mañá do xoves, seguiremos a falar de estrés.
ARTURO GOMEZ, deixou Galiza fai un lote de anos para embarcarse na aventura americana. Despois de anos en Winsconsin, onde foi profesor, asesora a explotacións en Asia, Africa e Europa Oriental. De seguro sabe o que é o calor en Qatar, Arabia Saudí e Sudáfrica, pero, teñen as vacas galegas estrés por calor? A persoa que asesora a Almarai en Arabia Saudí e de Vilalba, Lugo.....haberá que escoitalo. A calidade do aire e o estrés por calor van da man e Arturo virá falarnos de como se relacionan e qué podemos facer para melloralos. Sempre e un pracer escoitar a Arturo Gómez e desta vez, xoga en casa.
Francisco Sebastian, veterinario valenciano, na actualidade é socio fundador dun centro de recría para 800 animais, ademais de asesor en distintas explotacións do Levante, entre elas atópase More Holstein, da que é director técnico dende hai mais de dez anos. Nesta granxa as vacas cóntanse por milleiros, e a man de obra contratada foi sempre un dos seus grandes retos.
Contaranos como lograron resolver un problema o que hoxe vos enfrentades moitos de vos, dende a súa experiencia tentará darnos as claves para que a relación xefe-empregado sexa o mais fructífera posible para as duas partes.
Tendo en conta que atopar man de obra cualificada é un gran reto, pensamos que merece moito a pena escoitar a sua charla que comenzará as 16:00 h. do xoves día 9.
O xoves, despois da presentación da fertilización do millo, tocaralle o quenda a JAVIER LISTE. Javier, ademais de veterinario,é técnico de alimentación de Seragro e gandeiro.
Agarrou un teto entre os dedos antes que lle dera unha patada ó balón. Non é que lle gosten as vacas, é que pensa en branco e negro. De sempre lle gustou observalas e de sempre quiso entendelas.
Ninguén mellor para explicarnos como ven, como sinten, como oen, como padecen... Tentará explicarnos que é o estrés para elas e como lles gustaría a elas ser tratadas. Cómo travamos as xovencas, cómo movemos na sala as vacas, cómo interaccionamos coas pequeniñas ... Unha vaca feliz, é unha vaca sa e productora, e as veces parece que empeñámonos en pórsello difícil. Javier daranos as craves para mellorar o seu benestar aproveitando o seu comportamento natural.