- Detalles
-
Publicado o Venres, 20 Outubro 2017 09:10
-
Visitas: 601
Juan Gomez é veterinario de reprodución en SERAGRO e leva unha chea de anos facendo diagnósticos de xestación. Nesta charla vainos amosar o traballo que hai detrás destes diagnósticos. Para elo conta co programa GESGANDO; ca súa charla persigue un dobre obxectivo:
Por una banda amosar a utilidade duns datos, que non leva moito tempo meter, aínda que a ninguén lle gusta facelo, e por outra o papel fundamental do técnico á hora de usar esa información para a toma de decisións a pé de granxa.
Todas esas decisións teñen como propósito o de acadar una mellor rendibilidade nas nosas granxas.
Agardamos por vos o venres pola mañá.