Novo servizo de información agrometeoroloxica e de avisos fitopatolóxicos
- Detalles
- Publicado o Martes, 02 Agosto 2011 10:40
- Visitas: 3289
As Consellerías do Medio Rural e do Medio Ambiente, territorio e infraestructuras asinaron un acordo a principios do ano 2010 cun doble obxectivo:
- O primeiro era asumir por parte de Meteogalicia a xestión da rede agrometeorolóxica de estacións da consellería de Medio Rural de maneira conxunta coa súa propia rede, co conseguinte aforro de custos e aumento da eficiencia no uso do fondos públicos.
- O segundo punto salientable do acordo era o de proporcionar información agrometeorolóxica e fitopatolóxica personalizada a todos os agricultores e silvicultores que o demandaran, o máis axustada posible á súa área xeográfica, fomentando o uso das novas tecnologías para o acceso á información e elaborando informes, a recibir vía correo electrónico, que fosen unha ferramenta de traballo informativa para unha mellor xestión técnica das pragas das explotacións así como nas outras actuacións a levar a cabo nas explotacións ( aplicación de xurros, regas, etc).
Froito do traballo conxunto levado a cabo ata a data, entre a consellería de Medio Ambiente, territorio e Infraestructuras a través de METEOGALICIA, e a de Medio Rural, desenvolveuse unha aplicación informática na que mediante suscripción, vía web, o agricultor recibirá gratuitamente os “Boletíns de Avisos e Informacións Fitopatolóxicas”, con periodicidade semanal durante a campaña agrícola, con información técnico-sanitaria de aplicación nos cultivos en Galicia, que virá acompañada dun informe meteorolóxico personalizado para a súa explotación dos 7 días pasados con datos de temperaturas, precipitacións e outros, así como os datos acumulados no ano natural e agrícola e tamén unha previsión meteorolóxica da semana entrante.
Esta información, que é de vital importancia para unha adecuada xestión técnica das explotacións agrogandeiras, está a ser moi demandada nos últimos anos por agricultores e técnicos de campo para un coidado racional dos cultivos, acorde co respeto ao medio ambiente, ao propio agricultor e a calidade sanitaria dos produtos obtidos para o seu consumo.
Este servizo é gratuito e estará a disposición de todos os sectores interesados nos ámbitos agrarios ou forestais co único requisito de proporcionar os seus datos na web da consellería de Medio Rural no seguinte enderezo:
http://mediorural.xunta.es/areas/agricultura/rede_de_avisos/avisos_fitosanitarios/
Como complemento a estos servizos estase a desenvolver tamén un sistema de alertas meteorológicas así como diferentes funcionalidades como poden ser sistemas de axuda ao regante na aplicación das regas ou outros sistemas de modelización ou apoio para as decisións en materia de tratamentos fitosanitarios.
Pregamosvos a difusión da existencia deste novo servizo entre os interesados.
Xuntase un pequeno cartel informativo
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2011
Subdirección de apoio ás explotacións agrarias