COMUNICACION SERAGRO S. Coop. Galega, XVIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite

AddThis Social Bookmark Button

1xorn 2019

SERAGRO S. Coop. Galega comunica que se decidiu suspender a celebración das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que ian ter lugar os próximos 12 e 13 de Novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo e que iste ano chegaban a súa décimo oitava edición.

Non foi unha decisión fácil. O Comité Técnico designado para a organización diste evento, traballou para elaborar un interesante programa técnico con temas de indudable interés para o sector produtor de leite e todos os membros de SERAGRO estábamos muy ilusionados coa celebración das xornadas que iste ano chegaban a súa maioría de idade.

Con todo, a pandemia de Covid19 que está a asolar o mundo e chegou a España fai un par de meses, condiciona de maneira determinante a nosa vida actual e todos aqueles actos que se poidan celebrar nos próximos meses. A pesares de que parece que pasamos os momentos máis graves diste proceso, a imprevisibilidade de súa evolución e as diferentes medidas que se van ir tomando para o seu control, fan que non sexamos capaces de divisar, a seis meses vista, un marco idóneo para a celebración dun evento de marcado carácter técnico pero tamén con un compoñente social muy importante o que non queremos renunciar.

Aproveito a ocasión para comunicar que a nosa intención, pasado este inesperado y doloroso paréntese, é preparar con tremenda ilusión as XVIII Xornadas Técnicas de SERAGRO e que os próximos 11 e 12 de Novembro de 2021 se den as circunstancias propicias para reunirnos todos os axentes de sector e poder disfrutar diste evento.

Un cordial saúdo.

Noelia García Santoalla

Presidenta de SERAGRO SCG