Tres xeitos de vivir o relevo xeracional

AddThis Social Bookmark Button
A tarde do xoves é o momento elixido, para que os gandeiros intercambiedes experiencias, este ano o tema a tratar vai ser o asociacionismo como xeito de relevo xeracional.
 
SAT O Chope, Sat As Pandas e Gandería Sar son as granxas que colaboran este ano. Un socio de cada unha delas: Manolo, Moisés e Fernando tentarán explicarnos os motivos que os levaron  a tomar este camiño, e se este foi doado  de percorrer.
 
Agradecemos moito, a estes gandeiros a súa participación xa que non é nada doado falar  dende alí arriba….. a mellor maneira de mostrarlles agradecemento é que todos esteamos alí para escoitalos e animalos , contamos con todos vos para darlles o gran aplauso que se merecen.
 
Para rematar a tarde, teremos o Encontro Gandeiro, onde mentres tomamos una cervexiña e un pincho … que a esa hora xa se agradecen, podedes aproveitar para facer as preguntas que quedaran pendentes …..
   todo