Mellora da rendibilidade das explotacións a través do manexo alimentario
- Detalles
- Publicado o Martes, 17 Outubro 2017 10:19
- Visitas: 568
Despois da intensa xornada do xoves, comenzaremos o venres falando de alimentación. ALVARO GARCÍA é norteamericano, profesor na Universidade Estatal de Dakota do Sur e asesor de varias empresas de nutrición. Alí saben de vacas, saben de alimentalas , e de cartos tamén. A alimentación das nosas vacas supón, en todos os casos, o maior custo da explotación, e o profesor Garcia virá contarnos cómo o manexo alimentario pode aumentar a rendabilidade das nosas granxas. Recordarnos o importante que é prestar atención o mantemento dos carros, preparar o persoal encargado da preparación das racións, do mantemento dos silos, a valoración das forraxes, as materias primas. O Dr. García, falaranos tamén, do ensilado tradicional, do millo frente o “Shredlage” que tanta inquedanza está a levantar entre nos. É un experto na materia e respostará o que queiramos saber sobre ese xeito de procesar a nosa principal forraxe que, a decir dalgúns, impoñerase no futuro. En definitiva, virá a falar de cartos.