Eu non teño estrés por calor...... seguro?

AddThis Social Bookmark Button

Despois de escoitar a Liste ainda na mañá do xoves, seguiremos a falar de estrés. 
ARTURO GOMEZ, deixou Galiza fai un lote de anos para embarcarse na aventura americana. Despois de anos en Winsconsin, onde foi profesor, asesora a explotacións en Asia, Africa e Europa Oriental. De seguro sabe o que é o calor en Qatar, Arabia Saudí e Sudáfrica, pero, teñen as vacas galegas estrés por calor? A persoa que asesora a Almarai en Arabia Saudí e de Vilalba, Lugo.....haberá que escoitalo. A calidade do aire e o estrés por calor van da man e Arturo virá falarnos de como se relacionan e qué podemos facer para melloralos. Sempre e un pracer escoitar a Arturo Gómez e desta vez, xoga en casa.

                                         arturo gomez fotogranxa