Xestión do cadro de persoal, o gran reto nas nosas granxas

AddThis Social Bookmark Button

Francisco Sebastian, veterinario valenciano, na actualidade é socio fundador dun centro de recría para 800 animais, ademais de asesor en distintas explotacións do Levante, entre elas atópase  More Holstein, da que é director técnico dende hai mais de dez anos. Nesta granxa as vacas cóntanse por  milleiros, e a man de obra contratada foi sempre un dos seus grandes retos.

Contaranos  como  lograron resolver un problema o que hoxe vos enfrentades moitos de vos, dende a súa experiencia tentará darnos as claves para que a relación xefe-empregado sexa o mais fructífera posible para as duas partes.

Tendo en conta que atopar man de obra cualificada é un gran reto, pensamos que merece moito a pena escoitar a sua charla que comenzará as 16:00 h. do xoves día 9.

                                   Imagen1web