Programa XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
- Detalles
- Publicado o Xoves, 08 Outubro 2015 09:31
- Visitas: 1207
Rematado o programa das XIII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite
Presentamos o programa de conferencias da 13.ª edición das nosas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, que se celebrarán os días 12 e 13 de novembro no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo.
Debido á crise de prezos pola que atravesa actualmente o sector e sabedores da importancia de optimizar os custos de produción, unha parte significativa das conferencias deste ano están relacionadas coa alimentación dos animais. Analizaranse aspectos agronómicos do cultivo de millo e da implantación de pradeiras, e falarase do mercado de materias primas e do control sectorial da seguridade alimentaria.
Ademais, como vén sendo habitual, o último día terá lugar unha mesa de debate aberta aos asistentes na que se obordará a situación actual e as perspectivas de futuro do mercado lácteo.
Coma sempre, a asistencia é libre e gratuíta e non se require inscrición previa, polo que o rexistro e a entrega de material se realizarán in situ os propios días do evento.