Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia
- Detalles
- Publicado o Luns, 16 Marzo 2015 12:06
- Visitas: 540
ORDEdo 4 de marzo de 2015 pola que se estrablecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fonto Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007 - 2013, e se convocan para o ano 2015.
Estas axudas teñen como finalidade promover a utilización da maquinaria agrícola en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías, reducir os custos de mecanización e a contaminación e incrementar a seguridade no traballo.
Poderán beneficiarse das axudas desta orde:
- CUMAS ou SAT con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria.
- Cooperativas agrarias que adquiran a maquinaria para prestar servizos aso seus asociados.
- As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procededentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.
As actividades subvencionables son as seguintes:
- Compra de maquinaria agrícola.
- Estudo técnico-económicos de viabilidade
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 16 de abril de 2015