Axudas Sacrificio Obligatorio - DOG Núm. 8, 14 de xaneiro de 2015
- Detalles
- Publicado o Xoves, 15 Xaneiro 2015 09:30
- Visitas: 725
ORDE do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuación oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermedades dos animais, e se convocan para o ano 2015.
Esta orde establece as bases reguladoras e convoca para o ano 2015, podendo optar a estas axudas os titulares de explotacións de vacún nos seguintes supostos:
- De animais que se sacrifiquen ou morran por resultaren reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún , ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.
- De animais e os seus produtos de calquera especie, sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
- De animais que morreran como consecuencia directa de actuacións, tratamentos e manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico e, en xeral, de animais que morran no contexto de medidas de execución de actuacións sanitarias oficiais impostas pola autoridade competente.
- Supostos recollidos na Lei 8/2003, de sanidade animal.
Esta solicitude será presentada unha vez que lle sexa entregada a resolución de sacrificio ou de baleiro sanitario e este sexa efectivo.