Borrador de RD do Ministerio de Agricultura, polo que se fixa a realización de retencións a conta da posible Supertaxa 2014/2015
- Detalles
- Publicado o Luns, 29 Setembro 2014 12:12
- Visitas: 971
No día de hoxe recibimos un borrador de RD do Ministerio de Agricultura, polo que se fixa a realización de retencións a conta da posible Supertaxa 2014/2015 e se adianta un mes a súa aplicación: iniciaríanse as retencións aos gandeiros excedidos en decembro de 2014, cando o habitual era a inicios do último trimestre da campaña en vigor (xaneiro).
Descoñecemos que gaña o Ministerio adiantando un mes a aplicación das retencións, sobre todo pensando nos gandeiros moi excedidos que neste intre xa non teñen cota dispoñible. En todo caso, o simple estudio desta posibilidade evidencia a preocupación do Ministerio pola Supertaxa 2014/2015, dando como moi probable que é un feito que vai suceder (un feito inevitable) iniciando os trámites para o seu cobro aos gandeiros sobrepasados.