A directora xeral de Produción Agropecuaria, presentou a ferramenta informática para a referenciación dos prezos nos contratos lácteos
- Detalles
- Publicado o Martes, 08 Xullo 2014 09:07
- Visitas: 741
A Consellería do Medio Rural e do Mar aposta polos contratos lácteos de longa duración nos que o prezo estea referenciado. Un exemplo desa aposta é a Xacobea, unha ferramenta informática, creada e deseñada en Galicia a través do Fondo de Garantía Agraria.
A ferramenta informática está a disposición do sector a través do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, “OLGA”, na web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Está baseada nun algoritmo matemático que calcula o prezo do leite en función duns parámetros a seleccionar na propia ferramenta e na evolución das cotizacións no mercado. Ademais permite ao usuario modular os prezos en función das evolucións dos custos da produción do leite. Na propia web poden cumplimentarse os datos do contrato a asinar para posteriormente imprimir o documento coas condicións de contratación seleccionadas.
O sector lácteo
A directora xeral destacou o papel do sector lácteo galego como primeira potencia tanto a nivel nacional como internacional, que conta co 56% das explotacións estatais e produce preto do 40% do leite. De igual modo explicou os principais problemas que afectan ao sector. Sinalou que os prezos do leite están suxeitos a unha alta volatilidade, xa que dependen de factores de carácter estacional e factores ligados aos prezos dos produtos industriais fixados a nivel internacional. Tamén dixo que a maioría dos contratos teñen unha baixa duración, estando a media en seis meses, e sendo o 90% deles contratos asinados a prezo fixo, o que provoca que a maioría perdan vixencia pola rapidez coa que flutúan os prezos no mercado. Ademais explicou que existen reducidos marxes de ganancias e escasa funcionalidade por parte das OPL(Organizacións de produtores lácteos).
Por isto, insistiu, en que de cara ao futuro deste sector con tanto peso na nosa comunidade, é necesario avogar polo aproveitamento da potencialidade do paquete lácteo, por evitar contratos de prezo fixo, en favor doutros nos que o contrato evolucione o compás do mercado, e pola mellora da xestión técnico-económica das explotacións. Neste sentido a ferramenta presentada hoxe xogará un papel fundamental.
Manual aplicación XACOBEA en galego
Manual aplicación XACOBEA en castelan
máis información en http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/ganaderia/sector_lacteo/observatorio_del_sector_lacteo/