As XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite celebraranse os días 13 e 14 de novembro

AddThis Social Bookmark Button

CARTEL SERAGRO OK

Baixo o lema Unha ollada cara ao futuro anunciamos as XII Xornadas Técnicas de Vacún de Leite organizadas por Seragro, un encontro de referencia e cita ineludible para  gandeiros, técnicos, alumnos, comerciais e demais profesionais do sector leiteiro. 

Dende Seragro traballamos na elaboración do programa de relatorios, que tentarán cubrir todos aqueles aspectos que fagan as nosas ganderías máis competitivas e eficientes. Como cada ano, celebraranse no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo e a data escollida para esta ocasión serán os días 13 e 14 de novembro do presente 2014.