Axudas o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo....
- Detalles
- Publicado o Venres, 24 Xaneiro 2014 17:26
- Visitas: 678
Axudas o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo…
Estas axudas teñen como finalidade promover a utilización da maquinaria agrícola en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías, reducir os custos de mecanización e a contaminación e incrementar a seguridade no traballo.
Poderán beneficiarse das axudas desta orde:
- CUMAS ou SAT con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria.
- Cooperativas agrarias que adquiran a maquinaria para prestar servizos aos seus asociados.
- As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procededentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.
As actividades subvencionables son as seguintes:
- Compra de maquinaria agrícola.
- Estudo técnico-económicos de viabilidade
Aberto o prazo de presentación ata o 24/02/2014, Pincha aquí para acceder a Orde