ORDE do 19 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2013.
- Detalles
- Publicado o Martes, 02 Xullo 2013 01:00
- Visitas: 614
O DOG publica hoxe a ORDE do 19 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2013.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor dos/as gandeiros/as afectados/as polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensalos/as polos danos ocasionados ao seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2013.
As axudas a que se refire a presente orde comprenden os danos producidos polo lobo desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.
Accede a Orde pinchando no link
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130702/AnuncioCA02-210613-0004_gl.pdf