ORDE do 19 de abril de 2013, Axudas a maquinaria.

AddThis Social Bookmark Button

 

ORDE do 19 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Estas axudas teñen como finalidade promover a utilización da maquinaria agrícola en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías, reducir os custos de mecanización e a contaminación e incrementar a seguridade no traballo.

Poderán beneficiarse das axudas desta orde:

  • CUMAS ou SAT con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria.
  • Cooperativas agrarias que adquiran a maquinaria para prestar servizos aso seus asociados.
  • As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procededentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.

As actividades subvencionables son as seguintes:

  • Compra de maquinaria agrícola.
  • Estudo técnico-económicos de viabilidade

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de xuño de 2013.

Pincha aquí para descargar a Orde do 19 de Abril 2013