Xornada de forraxes coa FRUGA en Mabegondo.
- Detalles
- Publicado o Venres, 12 Abril 2013 01:00
- Visitas: 685
A Federación Rural Galega-FRUGA, en colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-CIAM, iniciou no 2012 un programa formativo co obxectivo de dar a coñecer ós/ás profesionais da agricultura e da gandería o traballo que se realiza nos propios centros de investigación
A visita realizarase o 16 de abril, polo que cómpre anotarse no local da FRUGA mais próximo à tua localidade, ou contactando por telefone con nós
Compostela, 9 de abril de 2013.- O sector de vacún experimentou na Galiza unha grande capacidade de adaptación nas últimas décadas, aí é onde está a súa principal fortaleza e por iso é un sector con futuro.
O encarecemento constante dos custos de produción, e en concreto os custos en alimentación animal, é, xunto co acceso á terra, un dos grandes retos que os sectores gandeiros galegos teñen riba da mesa.
A Federación Rural Galega-FRUGA, en colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-CIAM, iniciou no 2012 un programa formativo co obxectivo de dar a coñecer ós/ás profesionais da agricultura e da gandería o traballo que se realiza nos propios centros de investigación. Deste xeito trasnfírense uns coñecementos que contribúen a unha maior rendabilidade das explotacións.
Este ano, organizamos unha nova xornada no CIAM coa finalidade de reducir os custos de produción nas granxas de vacún.
PROGRAMA DA XORNADA
PRODUCIÓN DE FORRAXES EN SISTEMAS GANDEIROS SOSTÍBEIS
o vindeiro martes día 16 de abril no CIAM (Abegondo, A Coruña)
- 11:00.- Chegada ao CIAM
- 11:30-12:30.- Presentación de resultados de ensaios forraxeiros. Salón de actos. (Atende G. Flores)
- 12:45-13:45.- Visita aos ensaios de pastoreo para produción de leite rica en antioxidantes e aos ensaios de alimentación en estábulo para avaliar un inoculante proteosintético en ensilados de millo. (Atenden C. Resch e B. Fernández-Lorenzo)
- 13:45-14:45.- Visita aos ensaios de campo onde se avalían especies de leguminosas anuais e as suas mesturas con raigrás para entrar en rotacións con millo ou sorgo forraxeiro. (Atende J. Valladares e/ou G. Flores)
A asistencia é gratuíta anotándose previamente no local de FRUGA máis cercano:
LOCAL NACIONAL:
R/Paris, 9-A, 5º B. Compostela
Telefone 981.558172