Viaxe Técnico - Profesional a Grancia organizado por EFA Fonteboa de Coristanco

AddThis Social Bookmark Button

Viaxe Técnico - Profesional a Francia

Na semá do venres 15 de marzo ao 22 de marzo terá lugar a Viaxe Técnico - Profesional a Francia dos alumnos do Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa. Esta viaxe está aberta a participación de todos aqueles técnicos / profesionais do sector interesados.

Ver Folleto Informativo

PROGRAMA

  • Saída: Venres 15 de marzo ás 10,00 h
  • Sábado 16: Visita a Granja San José (Tamarite de la Litera – Huesca)
  • Domingo 17: Viaxe desde El Grado (Huesca) a La Guyonnière (La Vendée – Pays de La Loire), con visitas guiadas ao santuario de Lourdes e a cidade de Pau (Pyrenées Atlantiques – Aquitaine)
  • Luns, Martes, Mércores e Xoves: Programa de traballo (ver obxetivos e contidos)
  • Regreso: Venres 22 de marzo ás 14,00 h.

OBXECTIVOS

  • Descubrir iniciativas sobre valorización da produción de leite para a mellora da eficiencia productiva
  • Analizar modelos de asociacionismo e de cooperación entre agricultores
  • Estudar os modelos de xestión de maquinaria: Cumas e empresas de servizos agrarios
  • Coñecer iniciativas de diversificación das producións como vía para a sustentabilidade da empresa
  • Intercambiar cos profesionais da rexión sobre os escenarios de produción a partir de 2015 (supresión das cotas)

CONTIDOS

  • Visitas técnicas e coloquios sobre os seguintes temas:
  • Iniciativas sobre valorización das producións agrarias: transformación en orixe, sistemas de venda alternativos…
  • CUMAS (constitución, xestión, innovacións en maquinaria…)
  • Integración das empresas agrarias en estructuras asociativas: Grupos de Estudo e Desenvolvemento Agrario, Grupos de Interese Económico, Cooperativas de aprovisionamentos e de comercialización
  • Diversificación das producción na empresa agraria: leite, producións intensivas, producións tradicionais e locais, aproveitamento dos recursos xerados na explotación.
  • Escenarios de futuro para as explotacións agrarias ante as esixencias da PAC 2014 – 2020: Esixencias e alternativas
  • As funcións da actividade agraria no medio rural: produción de alimentos, función ambiental, territorial e social
  • Escenarios para a produción de leite a partires de 2015
  • Patrimonio rural e a súa posta en valor

IMPORTE

Socios da Asociación EFA Fonteboa: 375 €
Non Socios: 395 euros

(Inclue: Viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación)

INSCRICIÓNS

Ata o mèrcores 13 de marzo de 2013

Ingresar o importe da viaxe en:

Novacaixagalicia Oficina de Coristanco
Nº Conta: 2080 0071 90 3040001354 da Asociación EFA Fonteboa

ASPECTOS A TER EN CONTA

  • Levar DNI e Tarxeta Sanitaria
  • Cámara de Fotos
  • Libreta ou carpeta grande
  • Block-libreta pequena de peto
  • A comida (picnic) do venres 15 vai por conta propia

MÁIS INFORMACIÓN

Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa 

Tlf.: 981 733 051

Fax.: 981 734 097

Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. www.fonteboa.es

www.efagalicia.org

http://www.efagalicia.org/web/index.php?option=com_content&view=article&id=509:viaxe-tecnico-profesional-a-francia-2013&catid=77:fonteboa&Itemid=474&lang=gl

 

CENTRE DE FORMATION ET PROMOTION MESLAY

85600 La Guyonnière (France)

Tlf.: 00 33 2-51488484