Mil seiscentos gandeiros, integrados en seis cooperativas galegas, constitúen a OPL, Aprolact S. Coop.

AddThis Social Bookmark Button

 

 

Nestes días vén de constituírse, ante notario, en Santiago de Compostela, Aprolact S. Coop., unha cooperativa de segundo grao destinada a recoñecerse como Organización de Produtores Lácteos (OPL).


Nun inicio parte con 1.600 gandeiros e un volume de leite de 350.000 toneladas aínda que nos vindeiros meses agárdase a incorporación de sete cooperativas máis que xa amosaron o seu interese na iniciativa pero están pendentes da decisión das correspondentes asembleas de socios.


Nos últimos meses, AGACA, recolleu a iniciativa dos promotores e veu desenvolvendo unha serie de labores de coordinación e promoción que finalmente derivaron en Aprolact S. Coop. e, aínda que, a día de hoxe, son seis as cooperativas asinantes, neste mesmo mes, o número verase incrementado, superando facilmente as 400.000 toneladas de leite, xa que, como apuntabamos, máis cooperativas amosaron a súa vontade de integrarse en canto consigan adaptar os seus estatutos e celebrar as Asembleas.


O obxectivo final de Aprolact S. Coop. é o reforzo da actividade económica dos seus integrantes mediante a concentración da oferta. Non comercializará conxuntamente o leite aínda que negociará os prezos e condicións dos contratos coas industrias.


AGACA sempre defendeu a creación de OPs profesionais. A creación destas organizacións, cunha dimensión relevante, tanto en volume como en número de produtores asociados, facilitará o equilibrio da posición dos produtores na cadea alimentaria e a eficiencia no proceso produtivo, transformador e comercializador.

 

Noticia recopilada de : http://www.agaca.coop/gl/com-prensa-agaca-lector.asp?pagina=1&id=1181