Nova cota a pagar por litro de leite - Publicado BOE Orden AAA/1933/2012

AddThis Social Bookmark Button

Tras a publicación da Orden AAA/1933/2012, cada gandeiro pasará a pagar unha nova cota por litro de leite para sufragar o mantenemento do sistema de contratos.

   A Orden AAA/1933/2012, extende o acordo da Organización Interprofesional Láctea, ao conxunto do sector e fixa a aportación económica para realizar a implantación, o mantenemento e a xestión do sistema de contratos lácteos obrigatorios; para a optimización do coñecemento e da transparencia informativa do sector lácteoey parala potenciación da calidade e innovación tecnológica no sector lácteo nas campañas 2012/2013, 2013/2014 e 2014/2015.

   A aportación económica total, para cada campaña, será unha cota en céntimos de euro por cada litro de leite recollido e entregado:

  Dita aportación quedará dividida en dúas cotas paritarias, denominadas cota de produción, a pagar polo gandeiro e cota de elaboración, a pagar polo primeiro comprador.

 

Campaña 2012/2013    0,000120 €/litro, dos que o gandeiro pagará a metade (0,000060)

 Campaña 2013/2014    0,000130 €/litro, dos que o gandeiro pagará a metade (0,000065)

 Campaña 2014/2015    0,000150 €/litro, dos que o gandeiro pagará a metade (0,000075)

 Suporá un desenvolso por parte dos gandeiros de 1.410.000 € nas tres campañas

  Pincha aquí para descargar o BOE - Orde AAA/1933/2012