AXUDA PARA A MORATORIA DE PRÉSTAMOS VINCULADOS COA MELLORA DE EXPLOTACIÓNS.

  • imprimir
AddThis Social Bookmark Button

Orde do 25 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2012.

Esta orde permite aos titulares de préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación de persoas mozas á actividade agraria, concedidos en base ás convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2011, ambos inclusive, negociar co banco un ano de carencia na amortización destes préstamos.

Durante este ano o prestameiro no deberá aboar nin o principal nin os xuros correspondentes ao capital pendente de amortizar, aboando estes a Consellería do Medio Rural e do Mar, unha vez pasado o ano as obrigas do prestameiro reiniciaranse no termos establecidos anteriormente.

A solicitude de subvención presentarase no mesmo documento en que se solicite a carencia, na entidade financeira en que se formalizou o préstamo.

O prazo de presentación das solicitudes por parte da entidade finaceira ante a Consellería do Medio Rural e do Mar será de dous meses, polo que os interesados deberán dirixirse a súa entidade finaceira con anterioridade.

ORDE