Seragro, S.C.G.

Axudas destinadas a explotacións gandeiras "Mellora da capacidade técnica de xestión de subproductos de orixe animal...."

Orde do 7 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladorars das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano e se convocan para o ano 2010.

Pincha aquí para descargar a Orde do 7 de xuño de 2010

 

En Galicia, unha explotación láctea gana un 13% menos que en Asturias

Unións Agrarias di que un gandeiro galego cobra ao ano 14.500 euros menos ca un asturiano en igualdade de condicións

As explotacións lácteas de Galicia perciben os prezos máis baixos de todas as comunidades produtoras de España, segundo o sindicato Unións Agrarias (UUAA). Esta “insostible situación”, din, supón que nun ano unha explotación galega en igualdade de condicións que unha asturiana percibe uns ingresos un 13,4% inferiores.

Esa porcentaxe, trasladada á renda real do gandeiro de Galicia, tradúcese nunha merma de 14.465,51 €, equivalente a case 2,5 millóns de pesetas, case o dobre do salario mínimo interprofesional. Este diferencial “marca ás claras o nivel de absoluta precariedade na que se atopan os ingresos do produtores galegos”, din desde o sindicato.

UUAA critica a actitude da Xunta ante este problema. “Lonxe de afrontar esta situación, por exemplo, convocando e presentando propostas na Mesa do Leite, a Consellería de Medio Rural parece terse botado en brazos das industrias para que sexa a patronal láctea a que lle diga o que ten que facer a fin de engrosar a súa conta de resultados”, apuntan.

Os datos de produción láctea no conxunto do Estado demostran que Galicia é a primeira comunidade autónoma produtora de leite, representando ela soa o 37,1% do total da produción estatal. Séguenlle en importancia, desde moi lonxe, Castela Léon, co 13,5% da produción; Cataluña, co 10,1%; Asturias, co 9,1%, e Andalucía co 7,5%. O sindicato UUAA “constata unha vez máis a absoluta insensibilidade do goberno de Núñez Feijoo cara o medio rural e cara as súas xentes, ás que quere reducir a galegos de segunda en canto a servizos públicos, programas sociais e posibilidades de desenvolvemento económico”.

 

O MÁIS BAIXO DE ESPAÑA

Segundo os datos aportados por UUAA, o prezo do leite que se lle paga ás explotacións gandeiras en Galicia é de 290,53 euros por cada mil litros, o máis baixo de toda España seguido de Castela e León e Cantabria, ambas por debaixo dos 300 euros por mil litros.

Na outra banda está Asturias, que alcanza os 337,47 euros, seguida de Andalucía, Aragón e Cataluña. A media española sitúase en 304,83 euros por mil litros, polo que supera en 14,3 euros o que se paga en Galicia. As explotacións lácteas da comunidad galega ingresaron o mes pasado unha media de 7.697 euros, moi lonxe dos 8.941 euros das asturianas, a pesar da diferenza de produción entre ambas comunidades. Ante esta situación, UUAA, reclama que a Consellería de Medio Rural convoque canto antes a Mesa do Leite “para presentar propostas e explicar o porque dese terrible diferencial”.

 

XORNAL.COM Actualizado 15/06/2010 - 01:35 h.

Xenética Fontao presenta a 2ª Tanda de Touros en Proba 2010

Toros en Prueba - 2010  2ª Tanda
 NOMBRE   Nº REGISTRO   FEC. NAC.    COD. I.A. 
 BOS BOLIVER MEIGO ET   ESPM1503047698   09/10/2008   111773 
 BOS LOU CARULI ET   ESPM1503047692   13/09/2008   111776 
 BOS COLBY TAPEIRAN ET   ESPM1503103550   27/12/2008   111794 
 HS SHOTTLE TWINKLE ET   ESPM0503126929   30/12/2008   111795 
 BOS BLANCOH. SORRY ET   ESPM3603098496   30/01/2009   111796 
 ALTO MIÑO GRANDE   ESPM2703101896   17/02/2009   111797 
 BOS PAGEWIRE PAYPAY ET   ESPM1503110905   02/01/2009   111798 
 BOS MAC MAXINE ET   ESPM1503103551   04/01/2009   111799 
 BOS PLANET PLANETE ET   ESPM1503110909   05/03/2009   111800 
 MANTOÑO D-RAY PREMIUN ET   ESPM2703108104   05/03/2009   111801 
 BOS PAGEWIRE FRIEND ET   ESPM1503103552   05/01/2009   111802 
 BOS ROUMARE ROMUALDO ET   ESPM1503110908   21/02/2009   111803 
 BOS SEIJO HOWIE BRETON ET   ESPM2703159630   02/03/2009   111804 
 BOS MR BURNS ROSIÑOL ET   ESPM1503110910   09/03/2009   111805 
 BOS PRONTO PROTUS ET   ESPM1503110924   03/04/2009   111806 
 BOS MR BURNS MANU ET   ESPM1503110922   05/04/2009   111807 
 BOS G.DUBRA.S.C. ROJO ET   ESPM1503156603   13/04/2009   111808 
 BOS SIDNEY SISTALLO ET   ESPM1503110923   31/03/2009   111812 
 BLANCO VALDAR ET   ESPM3603166444   24/04/2009   111813 
 HS XACOBEO BUTLER   ESPM0503130201   23/04/2009   111816 

 

Información recopilada de : www.xeneticafontao.com