Seragro, S.C.G.

Orde 13 Xullo de Axudas a Renovación de Maquinaria

  • imprimir
AddThis Social Bookmark Button

Orde do 13 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2010.

Esta orde establece as bases reguladoras para conceder axudas para a renovación do parque de tractores e máquinas automotrices agrícolas de Galicia, co obxectivo de sustituir as máquinas máis vellas por outras máis modernas e cunha maior eficiencia enerxética.

 

As axudas establécense en función da potencia das máquinas retiradas do uso, pero estas non teñen por que dedicarse obrigatoriamente a compra de tractores ou máquinas automotrices, senón que tamén poden ser adicadas a adquisición de máquinas arrastradas com

  • Sementadoras directas
  • Cisternas para xurros e esparexadores de fertilizantes sólidos equipados, en ambos casos, con dispositivos de localización
  • Fertilizadoras e equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios

A contía das axudas non depende soamente da potencia das máquinas desmanteladas, senón que tamén esta influida por outros factores relacionados co titular ( explotación prioritaria, agricultor mozo, muller, zona desfavorecida ect.) e outras dependentes da eficacia enerxética da máquina adquirida.

 

 

O prazo de presentación de solicitude remata o 19 de agosto de 2010.

Pincha aquí para descargar a Orde en formato pdf