Seragro, S.C.G.
Orde 13 Xullo de Axudas a Renovación de Maquinaria
- Detalles
- Publicado o Martes, 20 Xullo 2010 08:43
- Visitas: 176
Orde do 13 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2010.
Esta orde establece as bases reguladoras para conceder axudas para a renovación do parque de tractores e máquinas automotrices agrícolas de Galicia, co obxectivo de sustituir as máquinas máis vellas por outras máis modernas e cunha maior eficiencia enerxética.
As axudas establécense en función da potencia das máquinas retiradas do uso, pero estas non teñen por que dedicarse obrigatoriamente a compra de tractores ou máquinas automotrices, senón que tamén poden ser adicadas a adquisición de máquinas arrastradas com
- Sementadoras directas
- Cisternas para xurros e esparexadores de fertilizantes sólidos equipados, en ambos casos, con dispositivos de localización
- Fertilizadoras e equipamentos de aplicación de produtos fitosanitarios
A contía das axudas non depende soamente da potencia das máquinas desmanteladas, senón que tamén esta influida por outros factores relacionados co titular ( explotación prioritaria, agricultor mozo, muller, zona desfavorecida ect.) e outras dependentes da eficacia enerxética da máquina adquirida.
O prazo de presentación de solicitude remata o 19 de agosto de 2010.
Pincha aquí para descargar a Orde en formato pdf