Seragro, S.C.G.

O DOG 26-02-2010 nº 39 publica hoxe a orde de Medio Rural que regula os pagos directos da Política Agrícola Común (PAC) na campaña de 2010

AddThis Social Bookmark Button

Establécese tamén a normativa para a tramitación e xestión de 25 tipos de axudas, tanto de pagamento directo coma ao desenvolvemento rural

O vindeiro 30 de abril remata o prazo de presentación da solicitude unificada de axudas PAC 2010, así coma o período de alegacións


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagos directos á agricultura e gandaría e das axudas da Política Agrícola Común (PAC) ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable de terras agrícolas no ano 2010. Establécese tamén a normativa para a tramitación e xestión de 25 tipos de axuda, dos que 13 son pagamentos directos e outros 12 corresponden a axudas ao desenvolvemento rural (entre as que está a indemnización compensatoria e as axudas incluídas no contrato de explotación sustentable).

Na campaña 2010 introdúcense novidades na xestión das axudas derivadas do denominado “Chequeo Médico” por aplicación do Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, de 19 de xaneiro de 2009, polo que establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos agricultores no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda.

Réxime de Pagamento Único
Incorpóranse totalmente no ano 2010 ao Réxime de Pagamento Único (RPU), na Comunidade Autónoma de Galicia, debido á aplicación do “Chequeo médico” as seguintes axudas: Prima por cultivos herbáceos; prima base de ovino-cabrún e prima complementaria de ovino-cabrún.

Estas axudas xa estaban integradas no RPU desde o ano 2006, nun 75% no caso de cultivos herbáceos en nun 50% no caso do sector do ovino e cabrún. Incorpórase agora o 25% que permanecía ligado á produción no caso dos cultivos herbáceos (millo e outros cereais) e o 50% no caso das dúas primas de ovino-cabrún.

Comunícaselles a estes agricultores, xunto coa información para a solicitude unificada 2010, os importes en euros e unidades (cabezas de ovino-cabrún ou hectáreas de cultivos herbáceos), correspondentes ás campañas de referencia, despois de aplicar coeficientes correctores para axustar os importes aos límites orzamentarios establecidos regulamentariamente para cada sector.

Alegacións
Así mesmo estes agricultores poderán consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural utilizando o seu DNI e a clave persoal que lles ten facilitado o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) estas novas alegacións provisionais de dereitos procedentes do “Chequeo médico” así como os dereitos que xa tiñan na campaña 2009. O prazo para presentar alegacións remata o vindeiro 30 de abril do presente ano, data na que finaliza tamén o período para a presentación da solicitude unificada de axudas PAC 2010.

Novas axudas
Co “Chequeo Médico” establécense novas axudas específicas ao sector agrario por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) nº 73/2009, das que son de aplicación en Galicia as seguintes: Axudas do programa nacional para a calidade das legumes; axudas específicas a produtores de ovino-cabrún con produción amparada por denominacións de calidade; axudas específicas para agricultores de ovino e cabrún con explotacións orientadas á produción de carne; axudas específicas a agricultores do sector lácteo en zonas economicamente vulnerables e axudas para fomentar a produción de produtos lácteos de calidade

 

Link descarga doga :

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/47722d0a92b97991c125725f0047d139/f69d20f5ef3b269ac12576d5006d8e22/$FILE/DOG_20100226_NUM_039.PDF

 

Noticia obtenida de : www.xunta.es 01-03-2010