Seragro, S.C.G.

Información sobre prezos do leite declarados polos compradores Agosto 2010

AddThis Social Bookmark Button

 Prezo declarado do leite

Estes datos dos prezos do leite reflicten os valores obtidos a partires das “Declaracións Mensuais de Entregas de Leite de Produtores” realizadas polos compradores que recollen leite en Galicia, de acordo co establecido no artigo 24.4.a) do Real Decreto 754/2005 polo que se regula o réxime da taxa láctea. Desta maneira, estanse empregando os datos de todos os productores que entregan leite en Galicia.

Os prezos inclúen todos os conceptos, sen IVE, e calcúlanse a partires das declaracións de litros de leite recollidos a cada produtor xunto co importe individual aboado ao mesmo.

Para a estratificación dos datos en tramos de cota utilízanse os datos de cotas de produtores da Consellería do Medio Rural para a Campaña 2009-2010 (actualizados periodicamente).

Prezos do leite declarados polos compradores en agosto de 2010 (18 Kb)

Noticia recopilada de : http://mediorural.xunta.es 30-09-2010